O latín vulgar

Introdución

A denominación de Latín Vulgar provén da palabra latin vulgus,i: “pobo”. Era a lingua falada polos soldados, labregos, comerciantes e escravos.

Tamén recibía os nomes de:

Co paso dos séculos, produciuse un distanciamento entre o latín vulgar e o latín culto, en gran medida porque o latín vulgar non foi fixado pola gramática e tivo unha evolución libre e rápida, coa inclusión de abundantes neoloxismos.

Pintada na parede. Museo de Nápoles. Imaxe de Amphipolis  en Flickr.
Cacator / cave malu(m): "cagón, prepárate se fas das túas " "coidado co mal (que vas recibir)"

Testemuños escritos

A diferencia do latín culto, o latín vulgar ten poucos testemuños escritos. Podemos rastrexar as súas pegadas nos elementos seguintes.

Graffitis de Pompeia

Escrituras nas paredes da cidade de Pompeia que perduraron no tempo. ainos de diversos tipos, ainda que os que mais destacan son os de tipo político e erótico. Velaquí aluns exemplos:

Fotografía: Marie-Lan Nguyen / Museo Archeologico Nazionale di Napoli (ver a dereita)

De tipo erótico

Quisquis amat valeat, pereat qui nescit amare. / Bis tanto pereat quisquis amare vetat

(Que quen ame prospere, que morra quen non saiba amar / E que morra duas veces quen prohíba o amor).

Arphocras hic cum Drauca bene futuit denario

(Aquí Harpócrates fornicou moi ben con Drauca por un denario).

Suspirium puellam Celadus thraex

(Celadón fai suspirar de pracer ás mulleres).

Graffiti electoral de A. Trebius Valens, recomendado como edil. (ver a dereita)

De tipo politico

ABOMINO PAVPEROS.| QUISQUIS QUID GRATIS | ROGAT, FATVVS EST;| AES DET ET ACCIPIAT REM.

(Detesto aos mendigos. Se alguen pide algo gratis, e un idiota; Deixe que pague seu diñeiro e obteña o que quere)

C CVSPIAM PANSAM AED AVRIFICES VNIVERSI ROG.

(Todos os orfebres recomendan a Gaius Cuspius Pansa para Edil).

Pegadas no latín literario da novela “O Satiricón”

Novela satírica escrita por Petronio (14/27-65), onde podemos atopar abundantes mostras de latín vulgar. Ao final da páxina podes ler un fragmento desta obra, o famoso episodio de "Cea de Trimalción", un novo rico moi extravagante

Comparación das linguas romances (lingüística comparada)

Ás veces podemos averigüar a forma dunha palabra en latín vulgar comparando as distintas evolucións das linguas romances, como se fai tamén para as raíces indoeuropeas, xa que chegamos a elas comparando o resultado nas diferentes linguas.

Cartas (epistolografía)

Neste xénero, ás veces os autores escriben de modo máis relaxado, sen estar tan suxeitos ás normas do latín culto, e podemos rastrexar pegadas do latín falado na intimidade das familias e dos amigos.

E  unha tradución das cartas de Cicerón a castelán . Fonte| Wikipedia

Expansión latín vulgar

Romanización

Entedemos por romanización o proceso de asimilación da cultura e lingua de Roma nas zonas conquistadas por esta na antigüidade durante o período de dominio romano.

Pérdense as linguas vernáculas (de verna, ae: “escravo doméstico) e adóptase o latín, xa que esta era unha lingua de cultura superior, de maior prestixio e facilitaba as relacións comerciais, culturais e sociais.

Fases de adopción do latín

Fragmentación do latín

Durante a época do Imperio, o latín era a lingua oficial do Estado e era lingua que usaba a xente para comunicarse entre eles. Pouco a pouco, as variedades dialectais van collendo máis peso debido á gran separación xeográfica existente no Imperio.

Nos séculos III-V, prodúcense ás invasión bárbaras que supoñen unha ruptura de comunicacións entre as provincias, debido ó illamento de moitas cidades, unha crise na escola que supuxo unha libre evolución da lingua (sen normas nin correcións), a separación en dialectos do latín e por último, estas tribos impuxeron a súa lingua sobre os pobos romanos. Isto tivo como consecuencia unha fragmentación lingüística que supuxo a división do latín vulgar en dialectos. 

Lectura: A "Cea de Trimalción" do Satiricón de Petronio

cea_trimalcion-2012.pdf