Post date: Dec 9, 2016 3:56:40 PM
Para saber como vivían os ricos de Pompeia os investigadores da universidade de Lund en Suecia, reconstruíron unha casa de Pompeia no seu estado orixinal para así poder ver como era antes da erupción do Vesubio. A casa mantiña un patio central con un estanque para así recoller a auga da chuvia. As salas contiñan frescos (que hoxe en día son expostos en museos) e no exterior había un xardín con fontes que servía para o descanso. Esta operación iniciouse no ano 2000 e tendo en conta esta táctica tamén se reconstruíron numerosos espazos e foron estudados con detalle diversos aspectos estéticos das construccións, así como a luminosidade e incluso o alcantarillado da cidade.
Imaxe|La túnica de Neso