Post date: Mar 12, 2018 7:59:12 PM
Debido a erupción do volcán Vesubio no ano 79 d.C. houbo numerosas partes da cidade de Pompeia que non se puideron examinar. Grazas a drons, láser, reconstrucións 3D, os arqueólogos poideron descubrir un barrio novo da antiga cidade. Este barrio sitúase ao norte da vía Nolana, e ocupa media hectárea sobre o distrito Regio V.
Dende os anos 90 non se realizaban escavacións na Pompeia sepultada pola erupción do volcán. As escavacións produciranse ao longo de todo o ano e os arqueólogos teñen grandes expectativas, xa que contan atopar restos moi ben conservados grazas a capa de cinzas e restos volcánicos que os protexeron do paso do tempo.
Fonte | La Tercera