Post date: Jan 30, 2017 4:37:20 PM
O 27 de abril de 2016, acháronse por casualidade un conxunto de ánforas romanas cheas de moedas nun parque do municipio de Tomares (Sevilla).
A media tonelada de moedas estará exposta ao público ata o 10 de setembro. A exposición (chamada Descubrindo o tesouro de Tomares) presenta un total de 19 ánforas romanas (9 delas pechadas e aínda sen investigar e as outras xa abertas, que foron sometidas a unha investigación científica, e con máis de 50.000 moedas no seu interior; algunhas limpas e restauradas e outras tal e como foron achadas). Ditas moedas pertencen a diferentes épocas.
Este achado brinda información como a orixe do tesouro, a razón do tesouro nesta zona, etc. Os investigadores pregúntanse se as moedas formarían parte do salario dos soldados da zona ou se estaba destinado ao pago de colleitas. Sexa como sexa, o Museo Arqueolóxico de Sevilla, algunhas universidades e outros centros andaluces, seguirán coas investigacións.
Fonte e Imaxe | El País