Post date: Jan 13, 2016 5:03:02 PM
A Policía Nacional lanzou unha alerta internacional tralo roubo na Vila Romana de Río Verde de Marbella, do século I, das teselas que configuraban un mosaico de Medusa.Os investigadores apuntan ao expolio artístico como móvil deste roubo, máis que un simple acto vandálico, xa que se trata da peza central máis importante deste xacemento.
O xefe da unidade da Policía Xudicial declarou que está bastante esperanzado e que non será necesario facer unha restauración artificial do mosaico, pois confía en que se recuperen pronto as pezas orixinais.
O alcalde de Marbella, calificou o suceso como "atentado contra o patrimonio histórico" e avanza que este feito terá unha consecuencia positiva: o reforzo da seguridade de todolos xacementos do municipio.
O concello desta localidade púxose en contacto con técnicos e arqueólogos para levar a cabo a restauración do mosaico.
Información e imaxe| ABC