A toga viril

Cerimonia da toma da toga viril

O símbolo do abandono da nenez constituíao a adquisición da toga virilis por parte dos mozos. Esta cerimonia constaba de dúas partes: a pública e a privada. A noite anterior debía dormir cunha túnica recta e a mañá seguinte abandonar tanto a toga praetexta como os insignia pueritae, os obxectos propios da infancia como a bulla, amuleto consagrado aos deuses Lares, ou os xogetes.

''Máis tarde, cando se che quitou a medalla de ouro do teu pescozo viril e tomaches a toga de cidadán ante os deuses da túa nai, dende entón Apolo inspírache algúns dos seus versos e prohíbeche tronar con discursos no loco Foro.'' (Propercio, IV, 1)

Na parte pública, o neno era acompañado polos parentes, amigos e clientes da familia ata ó foro, como símbolo do seu inicio nos asuntos profesionais e civís. Alí inscribíase no tabularium como cidadán romano e dabáselle o tria nomina por primeira vez. Remataba no templo de Xúpiter, onde se ofrecía unha moeda á deusa Iuventas

A pesar de ser xa considerado un cidadán debía pasar por un proceso denominado tirocinium fori, durante aproximadamente un ano, no que unha persoa de confianza lle ensinaba o que necesitaba para desenvolverse na sociedade. Pode considerarse como unha aprendizaxe básica para desenvolverse na vida pública.

Imaxe tomada de The Romanus. Ilustrado por Ian Jackson.
Exemplo de toga praetexta. Imaxe da serie Roma.

Despois disto, na parte privada, o pater familias invitaba as persoas cercanas a familia para celebrar un banquete. 

Tamén podía realizarse a depositio barbae, é dicir, o seu primeiro afeitado para ser consagrado moitas veces aos deuses Lares. Este último acto mencionado non só correspondía as familias ricas, senón tamén aos escravos, xa que se consideraba que merecía unha celebración.

Toda esta celebración do abandono da nenez debíase vivir con alegría, aínda que ás veces se facía a escondidas, coma no caso do emperador Claudio, a quen quixeron apartar da vista do pobo pola súa discapacidade (a súa propia nai referíase a el como o "tonto Claudio")

Claudio e a toma da toga viril

Ob hanc eandem valitudinem et gladiatorio munere, quod simul cum fratre memoriae patris edebat, palliolatus novo more praesedit; et togae virilis die circa mediam noctem sine sollemni officio lectica in Capitolium latus est. 

(Suetonius. Claudius II - The Latin Library)

" E foi a causa desta debilidade, contra o costume establecido, que presidise coa cabeza cuberta o espectáculo de gladiadores que deu en unión do seu irmán en memoria do seu pai: e cando vestiu a toga viril, foi conducido en litera ao Capitolio, a medianoite e sen cerimonia algunha." 

(...) Perdeu a seu pai na infancia e, durante casi todo o tempo da nenez e adolescencia, sufriu diversas e pertinaces enfermidades, ata o punto que, debilitado o seu corpo e a súa mente, nin sequera ao facerse maior se lle consideroou capacitado para desempeñar ningún cargo público ou privado. Durante moito tempo, e mesmo despois de acadar a maioría de idade, deixárono sometido a autoridade doutros e confiado aos coidados dun mestre, do cal él mesmo se queixa nun dos seus opúsculos, dicindo que era un home basto, palafreneiro durante moito tempo, a cuxo coidado lle confiaran adrede para que o castigara cruelmente polos motivos máis triviais. A causa do seu delicado estado de saúde presidiu coa cabeza cuberta cunha caperuza, feito sen precedentes, un combate de gladiadores que él e seu irmán lle ofreceron en honor do seu pai, e o día no que vestiu a toga viril foi conducido nunha liteira ao fio da medianoite ao Capitolio, sen a comitiva habitual. Aplicouse, sen embargo, con notable esforzo, dende a súa infancia, as artes liberais, e a miúdo publicou ensaios sobre distintos xéneros literarios, pero nin aínda así logrou facerse acredor dunha maior estimación nin inspirar unha maior confianza na súa capacidade para o futuro. A súa nai, Antonia, non se cansaba de repetir que era un aborto de home que a natureza deixara sin terminar e, cando tachaba a alguen de tonto, dicía que era máis tonto que seu fillo Claudio (...).
 

C. SUETONI TRANQVILLI “DE VITA DVOCECIM CAESARUM” - LIBRI VIII (VOLVMEN III) Ed. Alma Mater. Barcelona 1968. Adaptación ao galego da Tradución de Mariano Bassols. LIBER V DIVVS CLAVDIVS
Retrato da cabeza do emperador Claudio (41-54 d.C.). Mármore do Pentélico. Orixe descoñecida. A cabeza está coroada coa "corona civica" (unha grinalda de follas de carballo e landras) atada cunha cinta. Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas.Imaxe de DivesGallaecia en Flickr.

Aínda que a toma da toga viril podía darse noutras datas, o día establecido no calendario para esta cerimonia era o 17 de marzo, nas Liberalia, festas en honra do deus Liber. Unha vez adquiría a toga virilis (de cor branca), o mozo era considerado un civis romanus, que tiña a dereito e deber de realizar o servicio militar, votar ou desempeñar maxistraturas. Outro dos dereitos que se lles concedía era o de contraer matrimonio. A maioría das veces non se casaban por amor, senón que eran matrimonios concertados según os intereses políticos e económicos das familias.

Sumado a isto, xa non era necesario que fora acompañado polo pedagogo que o guiaba nas saídas da casa e podía comenzar a saír polas noites para beber ou visitar lupanares para satisfacer os seus desexos sexuais, acto aceptado e impulsado pola propia sociedade romana. O propio Cicerón calificaba este tipo de vida como natural para disfrutar a súa mellor etapa antes de contraer as súas obrigacións persoais. Así contaba a súa experiencia o poeta latino Propercio (III, 15):

''Cando se me quitou a inocencia da toga pretexta

e se me deu a liberdade para coñecer o camiño do amor,

foi ela, ¡ay Licina conquistada sen ningún regalo!,

quen, cómplice, iniciou a miña alma inexperta nas primeiras noites.'' 

Este afán de diversión levaba a algúns a realizar actos violentos despois de emborracharse, como agresións, furtos ou destrozos de propiedades. Outros terminaban sendo vítimas de aproveitados e cazafortunas.

Vestir a toga virilis convertiuse nunha institución recoñecida, sobre todo nas provincias orientais. Na antiga cidade de Sardis (Turquía) existe unha inscrición do ano 5 a. C. no que se declara festivo o día no que Gaio, neto adoptivo do emperador Augusto, se puxo a toga por primeira vez.

Por outra parte, o emperador Augusto, preocupado por formar cidadáns e soldados grazas a educación, promoveu os collegia iuvenum, institucións que facilitaban a formación física, militar e intelectual. Pertencer a unha destas institucións significaba o recoñecemento da familia e a integración do individuo na sociedade. 

Os iuvenes practicaban deportes e espectáculos tales como natación, cacería, esgrima, espectáculos teatrais, combates de gladiadores, equitación, entre outros. Ademais, Nerón favoreceu moitos destes espectáculos creando xogos en honor da xuventude como o ludicrum quinquennale.

Para saber máis visita o blog Domus Romana.
Toga virilis. Imaxe de Hostus Hesperidum

Lectura: "El día de la toma de la toga viril"

cerimonia_toga_viril.pdf