Val do Coliseo

Reconstrución área do val do coliseo.

Antes da fundación da cidade este era un val estreito, profundo e dominado polos outeiros circundantes. No seu fondo había unha pequena lagoa. Os habitantes das aldeas veciñas celebraban aquí festivais e cerimonias. Durante a República a lagoa foi drenada e construidas vivendas particulares. Despois do incendio do 64 d.C. Nerón fixo construír nestes terreos o seu palacio: a Domus Aurea. Ocupaba a 4ª parte da superficie da cidade e contaba cun estanque artificial onde agora se levanta o Coliseo, onde o emperador soía ir de caza.

Domus Aurea

Exterior da zona arqueolóxica da Domus Aurea, preto do Coliseo

Era unha mansión de fábula, que ocupaba unha extensión equivalente a 8 palacios de Buckhingham. Estaba decorada con frescos, paneis de alabastro e mosaicos moi delicados. Para construíla, no 64 d.C., tivo que mandar desaloxar palacios e vivendas nun amplo radio en torno á zona que hoxe ocupa o Coliseo. De todo aquelo hoxe só quedan unhas poucas ruinas, decoradas con frescos milagrosamente intactos.

O Coliseo

Vista interior do Coliseo
Coliseo de Roma

Vespasiano, que se convertiu en emperador trala morte de Nerón, decidiu devolver ós romanos as zonas que o tirano lles quitara para o seu propio desfrute. Así, empezou a construcción dun magnífico edificio no lugar do estanque, destinado ás celebracións de espectáculos de loita, o Anfiteatro Flavio, hoxe maiormente coñecido como Coliseo. 

Tamén colocou unha fonte monumental, a Meta Sudans, ó lado do Anfiteatro. Máis tarde na praza erixiuse unha enorme estatua dedicada ó deus do Sol, o "Coloso de Nerón". O último monumento do val foi o arco de Constantino. O símbolo de Roma. Este monumento foi inaugurado no ano 80 d.C. coa celebración duns xogos que duraron 100 días (máis de tres meses!). Medía máis de 50 m. de alto estaba dividido en 4 plantas, 3 con arcos e a última con ventás. Tardou 8 anos en construirse e nel traballaron simultaneamente miles de homes. De forma elíptica o seu particular deseño permitía ós espectadores unha perfecta visión do espectáculo. 

O nome Colosseum provén da xigantesca estatua situada ó seu carón polo emperador Hadriano, que foi chamada "Colossus" polas súas enormes dimensións. Hoxe en día o que vemos no seu interior, no lugar onde estaba a arena, son unha serie de corredores e dependencias usadas como almacén do equipamento e xaulas das bestas. Estaban cubertos por un gran panel de madeira encima do cal botábase a area. Ademáis de loitas de gladiadores tiñan lugar venationes (loitas e caza de vestas) e naumachiae (simulacros de batallas navais). ..."pola mañá bótase ós homes ós leóns e ós osos, a mediodía ós seus espectadores. Quen xa matou ten que enfrontarse a outros que o matarán e o vencedor resérvase para outra matanza. O destino dos que loitan é a morte: o seu combate dirímese con lume e espada. Así sucede, ata que a area queda baleira..."( Séneca, Epístolas morais, I, epístola VII a Lucilio). 

Unha profecía de Beda o venerable, s.VII d.C., dicía o seguinte:

Quandiu stabit Coliseus, stabit et Roma;

quando cadet Coliseus, cadet et Roma;

quando cadet Roma, cadet et mundus.

O Coloso de Nerón

Reconstrución estatua do Coloso de Nerón 

Ó principio a estatua representaba ó emperador Nerón e decoraba a súa casa. Cando morreu o seu sucesor Vespasiano transformouna na do deus do sol cambiándolle a cabeza. Anos máis tarde o emperador Hadriano decidiu trasladala para construir nese lugar o templo de Venus e Roma (ó fondo á dereita) e mandouna levar á praza do Coliseo onde lle colocou unha base de 15 m. de alto. O conxunto elevábase ata case 50 m, a altura do Coliseo.

A Meta Sudans

Meta Sudans. Foto de 1890

En fronte do arco de Constantino poden verse as ruinas dunha monumental fonte. Construida polos Flavios no espacio antes pertencente ó palacio de Nerón, recibe o seu nome porque unha meta do circo era a encargada de botar a auga da fonte, que esvaraba polos seus lados coma se sudase. En 1936 o caudillo fascista Benito Mussolini decidiu destruir todos os edificios antigos que non consideraba moi importantes para abrir a Via Dei Trionfi, e levou por diante a Meta Sudans e a base do Colossus.

O arco de Constantino

Detalle dos relevos do arco de Constantino | Imaxe de Álvaro P. Vilariño en Flickr

Ten 3 bóvedas de canón e 25 m. de altura. Foi construido polo emperador Constantino despois da súa victoria sobre o emperador Maxencio na ponte Milvio no 312 d.C. 

Na época de crise cando foi construido moitos artistas marcharan de Roma cara a Constantinopla, nova capital do imperio. Esta é a razón pola que as esculturas e relevos que o decoran foron collidos doutros monumento máis antigos, algo que se convertiu en habitual a partir de entón. 

As 8 estatuas de guerreiros dacios sobre as columnas pertencen ó periodo de Traxano (98-117 d.C.), igual cos 4 grandes paneis rectangulares de relevos, 2 na bóveda de canón central e 2 nos lados. Os 8 mármores circulares (4 en cada lado) que representan escenas de caza e sacrificio son do periodo de Hadriano (117-138 d.C.). Os relevos entre as estatuas son da época de Marco Aurelio (169-180 d.C.). O demais é da época de Constantino, 1º emperador cristiano que entre outras reformas proclamou a liberdade de culto e levou a capital a Bizancio, dende entón Constantinopla.

Arco de Constantino
Detalle dos relevos do arco de Constantino | Imaxe de Álvaro P. Vilariño en Flickr