Post date: 20-feb-2017 15:55:23
Os visitantes do Museo Nacional de arte Romano de Mérida recibiron unha luminaria e unha coroa para os rituais relixiosos, co motivo da celebración da Saturnalia. Nas rúas romanas recreadas celébranse procesións e festas co motivo do Día do Sol Invicto, o 25 de decembro, cando o sol nace. Posteriormente festéxase o nacemento de Mitra, igual que hoxe en día festexamos o de Xesús.O nome de Saturnalia provén do deus romano Saturno, que lles ensinou a cultivar, xa que coa entrada do solsticio de inverno terminaba o traballo no campo, polo que se permitían un descanso. Grandes banquetes coa familia acompañados de deliciosos alimentos coma muslum, viño especiado e macerado, eran característicos nesa tradición.
Durante a Saturnalia, os escravos podían actuar como señores e viceversa, pois as normas sociais quedaban suspendidas, decretándose o estado de festa. A conservadora do MNAR, Pilar Caldera, indicaba que fai 1.000 anos as persoas desexábanse paz e amor entre todos, como hoxe en día no Nadal.
Fonte e Imaxe I RTVE