Post date: 19-may-2015 22:14:42
O xacemento arqueolóxico de Pompeia, un dos máis importantes en Italia, propón crear un plan para reducir o número de visitantes e protexer as ruinas, xa que as 35.000 persoas que reciben ao día son un 'fluxo insostible'. A proposta de Osanna (superintendente de Bens Culturais de Pompeia) consiste en aumentar a vixilancia e limitar o numero de persoas que poden acceder (ata as 15.000 ou 20.000). Tamén suxeriu crear itinerarios programados.
Pompeia foi arrasada e sepultada pola erupción do Vesubio no ano 79 d.C xunto con outras cidades como Herculano ou Estabia, e non foi ata o 1748 cando se produciu o seu descubrimento. A área arqueolóxica sufriu nos últimos tempos múltiples derrubamentos, folga do persoal e ata furtos, polos que se chegou a falar de que Pompeia sofre na actualidade unha ''segunda destrución''.
Imaxe: Un grupo de turistas nas ruinas de Pompeya
Fonte: La Vanguardia