Post date: Nov 27, 2016 12:43:52 AM
Estos foros da capital só podían ser vistos nas noites de verán, grazas a un percorrido audiovisual no que se explicaban a orixe de distos puntos de poder político e económico de antiga Roma.Dende o 25 de novembro pódese visitar baixo a luz do día, podendo así contemplar as columnas do templo de Venus e os restos da sede dos "argentarii" banqueiros da época.
Anunciouse que o 3 de decembro a área arqueolóxica abrirá de forma exclusiva e gratuita para persoas con discapacidades motrices no Día Internacional das persoas con Discapacidade.
Celebrouse o acto de reapertura e acudiu a alcaldesa de Roma, "só a través de revivir estos lugares a xente pode darse conta do importante que é o noso pasado para o noso presente e o noso futuro".
O foro de Traxano foi inagurado no 112 d.C., un ano antes da célebre columna dedicada ao emperador hispano. O de César é o máis antigo, foi descuberto no 1930 durante labores de demolición de edificios que ocupaban a actual Vía dos Foros Imperiales.
Fonte e imaxe I YAHOO Noticias