Post date: 20-may-2015 16:37:00
Tras varios anos de cerre ao público, xa se pode acceder ao sitio arqueolóxico do antigo Porto Romano de Traxano. Fai dous milenios, o porto de Traxano era o centro de articulación das comunicacións, acollía a grandes navíos que descargaban todas as mercancías destinadas a Roma, capital do imperio, e tras ser distribuídas en pequenas embarcacións, remontaban ás augas do río Tíber.
O sitio arqueolóxico do porto de Traxano está formado por dous contextos cercanos; por unha parte, os restos dos muelles de Claudio e por outra, co porto de Traxano, cuxa estructura orixinal segue ofrecendo unha boa lectura para a súa memoria. Italia recuperou para o patrimonio público nos anos 90 as 32 hectáreas, a parte principal da maior infraestructura portuaria do mundo romano antigo unida a un importante patrimonio naturalístico, unha reserva de biodiversidade caracterizada por máis de 2.300 árbores, algunhas centenarias, que enriquecen a paisaxe arqueolóxico.
Baixo Traxano en Roma, ademáis de levarse a cabo as restauracións do Circo Máximo e o templo de Venus, construíronse un novo teatro e un odeón de incerta colocación, un novo acueduto que transportaba auga dende o lado de Bracciano ata a a XIV rexión urbana de Trastévere, as grandiosas termas e o centro monumental do Foro Traxano, coa columna de franxas historiadas, que narran as secuencias das dúas guerras dacias no ano 113.
Agora e ata o 21 de xuño, o fin de semana, o público pode descubrir este prodixio da enxeñería. Na Terminal 3 do aeroporto Leonardo da Vinci (Fiumicino) instalouse un centro de información dedicado aos portos imperiais de Claudio e Traxano. Nos días de apertura do sitio arqueolóxico, un sistema de autobuses transporta aos visitantes directamente dende o aeroporto.
Fonte: CARMEN DEL VANDO > Roma, EL MUNDO