Post date: Jan 19, 2017 8:54:03 PM
O ministro italiano de Cultura, Dario Franceschini, reclamou a día de hoxe a aprobación de penas máis severas para quen leven a cabo actos de vandalismo contra o patrimonio cultural do país, despois dos últimos casos que afectaron ao Coliseo de Roma.Un deles ocorreu a pasada noite cando dous xóvenes brasileños se adentraron no anfiteatro romano no momento no que éste se atopaba pechado ao público, e un deles se precipitou dende unha altura de catro metros rompéndose a pelve, polo que foi hospitalizado. O outro é un garabato de gran tamaño que foi realizado con pintura negra e que pon “morte”. Foi achado na base dun dos arcos inferiores que conforman a fachada do Coliseo.Franceschini calificou estes actos como “unha auténtica ofensa a un monumento símbolo do patrimonio cultural mundial”; e o superintendente para os Bens Arqueolóxicos de Roma, Francesco Prosperetti, dixo aos medios que se está estudando a creación dunha “zona vermella” vixiada arredor do Coliseo para impedir sucesos deste tipo.Fonte e imaxe | Yahoo Noticias