Un granxeiro encontra moedas do Imperio Romano

Post date: 30-nov-2015 17:04:00

Un granxeiro suizo encontrou na súa propiedade 15 kg de moedas de fai 1700 anos, pertencentas ao antigo Imperio Romano. Estas moedas estaban en moi bo estado, e, expertos do museo Vindonissa afirman que foron enterradas pouco despois de ser conseguidas. As moedas corresponden aos emperadores Aureliano (270 d.C- 275 d.C) e Maximiano (286 d.C- 305 d.C). A lei suiza contempla que as reliquias correspondentes a descubrementos arqueolóxicos son de utilidade pública, pero o granxeiro recibirá unha compensación económica pola contribución.

Fonte e imaxe | Canal 44