A unidade de recrutamento era a curia, unha subdivisión do pobo romano que en orixe tería carácter étnico. Había 30, e cada unha aportaba 100 pedites e 10 equites.
O Xefe militar era o rei.
Non tiñan orde de batalla nin uniformidade no armamento (ver imaxe).
A Cabalería proporcionaba distinción social a os seus compoñentes (os máis ricos, os que se podían pagar o cabalo) e constituía a garda persoal do rei.
Durante o reinado dos etruscos o Servicio militar obrigatorio duraba dos 17-60 anos, e os seus soldados estaban divididos en dúas clases: os iuniores (servizo activo, de 17-46 anos) e os seniores (formaban a reserva).
O rei Servio Tulio fixo unha importante Reforma, que sería logo a base para o sistema electoral romano: Agora a unidade de recrutamento é o censo de poboación. Establécense 5 clases segundo posesión de terras.
Supra classem. Os soldados de cabalería, a clase social mais alta de todas, serviron en unidades montadas coñecidas como equites. Comprendían 18 centurias.
1ª clase, con 100.000 asses, a dos mais ricos cidadáns, serviu como infantería pesada con espadas e lanzas longas, e proveía á primeira liña de formacíon de batalla, comprendendo 80 centurias.
2ª clase, con 75.000 asses, estaba armada de maneira similar á primeira clase, pero sen coiraza para protexerse, e con un escudo rectangular en vez de un redondo. A segunda clase estaba xusto detrás da primeira clase cando o exército era desplazado en formación de combate, comprendendo 20.
3ª clase, con 50.000 asses. 4ª clase, con 25.000 asses. A terceira e cuarta clases estaban armados mais lixeiramente e levaban unha lanza de empurre e xavelinas. A terceira clase situábase detrás da segunda clase en formacion de combate, normalmente proveendo apoio de xavelinas, comprendendo 20 centurias.
5ª clase, con 11.000 asses. Os mais pobres dos homes con propiedades da cidade comprendian a quinta clase. Eles eran demasiado pobres como para permitirse moita equipación, xeralmente, e eran armados como escaramuzadores con fondas e pedras. Eran colocados diante do exército principal, cubrindo o seu achegamento e enmascarando as súas maniobras, comprendendo 30 centurias.
Infra classem, sen renda. Obreiros e Músicos, sen armas; 5 centurias.
Os homes sen propiedades eran exonerados do servizo militar, pois eran demasiado pobres como para poder procurarse calquera tipo de arma. Sen embargo, nas situacións de maior presión, incluso estes proletarii eran incluídos no servizo, aínda que o seu valor militar era probablemente cuestionable. Tropas en todas esas clases loitarían xuntas no campo de batalla, coa excepción das tropas mais experimentadas, que se quedaban a protexer a cidade.
A unidade táctica militar é a Legio, formada por uns 4.200 pedites e 300 equites.
Os Xefes militares eran os 2 consules, cada un ao cargo dunha ou máis lexións.
Logo estaban os Tribuni Militum, 1 por cada 10 centurias.
Despois viñan os Centuriones, 1 por cada cada centuria.
O recrutamento facíase entre cidadáns propietarios, os que "tiñan algo que defender".
A composición da lexión, uns 4.200 homes, queda como segue:
Equites
soldados de a cabalo, cabalería
Pedites
soldados de a pé, de infantería
velites
infantería lixeira, loitaban á marxe da lexión.
hastati
Infantería pesada, loitaban en 1ª liña, levando a hasta, unha longa lanza de choque
principes
homes armados con moitas armas e escudos cilíndricos.(en 2ª liña)
triarii (na 3ª liña, os soldados máis expertos e veteráns, que só loitaban en caso de necesidade, de aí a expresión Res ad triarios pervenit, ou sexa, "a cousa púxose difícil".
Socii
Soldados procedentes das poboacións itálicas aliadas.
Auxilia
Tropas auxiliares especializadas: arqueiros de Creta, fondeiros baleares, etc.
velites
hastati
Principes
triarii
A unidade táctica é agora o manipulus (2 centuriae). Cada manipulus estaba formado por 120 homes. Os manipulos loitaban nunha formación especial chamada quincunx, amosada na imaxe de debaixo, composta de tres filas de soldados.
O quincunx funcionaba ben contra exércitos con outras formacións. Primeiro os hastati cansaban ós inimigos, e logo os princeps avanzaban e remataban a batalla. Os triarii solo tiñan que loitar se a batalla iba mal. Os ocos entre as liñas eran cubertos por tropas na liña posterior.
10 manipulos de soldados (1200 homes) loitaban ó fronte da legio, os chamados hastati, que reciben ese nome porque levaban hastae (lanzas).
Tras eles loitaba unha segunda liña, 10 manipulos de principes, homes armados con moitas armas e escudos cilíndricos.
Na parte posterior do quincunx había 5 manipulos (600 homes) de loitadores moi experienciados chamados triarii.
10 manipulos dos soldados máis xoves e pobres loitaban separados do quincunx. Eran os chamados velites.
Cayo Mario foi un político e xeneral da República romana que reformou o recrutamento e a estrutura militar.
O recrutamento agora faise por medio de voluntarios, que asinan como mercenarios por 20 anos de servizo. Ata este momento o recrutamento era obrigatorio para todo o mundo.
Este procedemento de admisión, antes reservado só aos cidadáns propietarios, abre as portas ós proletarii, que ven no exército un modo de vida.
A Unidade táctica é agora a cohors, formada por 3 manípulos (= 6 centurias).
Para o combate adoptan a disposición coñecida como Triplex acies.
O equipamento militar é agora proporcionado polo Estado no momento do alistamento. Denomínase sarcina.
Ademáis do uniforme e armas, o lexionario debía cargar con ferramentas para construír o campamento, utensilios de cociña, manta, obxectos persoais, etc.
Uns 30-40 kilos ás costas, por iso eles mesmos chamábanse "as mulas de Mario", en honor ao xeneral responsable desta reforma.
Este anuncio móstranos os beneficios de alistarse no exército dunha maneira peculiar.
Nesta época Roma contaba con 25 lexións para pacificar o territorio.
O emperador Augusto emprendeu unha serie de reformas, entre as que destacan as seguintes:
Creación das Cohortes praetoriae, que supoñen a garda persoal do emperador. Fieis a Augusto, trala súa morte comezaron a exercer a súa forza e presión nas intrigas políticas do Imperio, chegando a asasinar ou nomear emperadores.
Creación das Cohortes urbanae, unha especie de corpo policial dedicado a manter a orde pública e controlar os disturbios.
Creación das Cohortes vigilum, dedicadas á labores policiais e de control de incendios.
Con respecto aos postos de mando, o mando supremo das lexións é exercido polo princeps, título que recibían os emperadores.
Este recibe a axuda do legatus, primeiro ao mando de cada lexión.
No rango dos oficiais, debaixo do legatus, estaba o praefectus: oficial do Imperio.
Existían diferentes tipos de praefectus, entre eles o praefectus fabrum, que era o oficial xefe dos enxeñeiros militares durante o Alto Imperio.
No seguinte rango atopábanse o dos suboficiais, composto por:
Centurión: mando táctico e administrativo que era escollido polas súas cualidades de resistencia, templanza e mando.
Optio: era elixido polo centurión e axudábao. Podía chegar a ser centurión.
Signifer: era o suboficial encargado de levar o signum ou símbolo de cada centuria nas unidades de infantería do exército romano.
Foto dos rangos: https://sites.google.com
Pecunarius: era o encargado da distribución de suministros de determinadas unidades.
Médicos: homes encargados da saúde dos soldados.
Arquitectos: acompañaban ás lexións para construír campamentos e fortes en períodos de guerra.
Músicos: acompañaban ao exército para tocar durante cerimonias e combates.
Por debaixo dos suboficiais, estaban os lexionarios, clasificados en recrutas, soldados, técnicos e veteráns. Logo, os auxiliares (estranxeiros que loitaban durante 25 anos a cambio da cidadanía romana) e, situados na parte máis baixa desta xerarquía, os civís (escravos e libertos: homes e mulleres que seguen aos soldados).
Foto de como se organizaba a lexión: https://sites.google.com
Foto de como se formaba a lexión: https://sites.google.com