Post date: 19-mar-2018 1:45:23
"A muller en Carthago Nova" é unha serie documental que forma parte dos 8 traballos audiovisuais producidos pola Fundación Integra o ano pasado. Consta de 3 capítulos e o seu obxectivo principal é describir o papel da muller na sociedade romana, especialmente na cidade de Carthago. No traballo colaboraron José Almela, director Xeral de Informática e Telecomunicacións, Elena Ruiz, directora do Museo Romano de Cartaxena e Antonio Alpañez, xerente da produtora Imagia Video.
Na creación combínanse testemuños de investigadores con representacións históricas feitas por actores. O primeiro capítulo céntrase na muller no ámbito doméstico. O segundo, fai un percorrido pola vida dunha muller romana: o seu nacemento, casamento, maternidade e falecemento. O terceiro e último reflexiona sobre a visión da muller latina na actualidade a través de distintas obras de arte.
Este proxecto conta coa financiación do fondo europeo FEDER e da Dirección Xeral de Informática, Patrimonio e Telecomunicacións da Consellería de Administracións públicas.
Fonte e imaxe | La Opinión de Murcia