Post date: 14-nov-2017 22:07:25
Unha familia que vive en Israel estaba realizando escavacións no seu xardín cando se atoparon cunha gran abertura. Descubriron que conducia a unha complexa rede de covas subterráneas elaboradas 2.000 anos atrás polos romanos. Este complexo subterráneo foi descuberto nun pobo chamado Eilabun, moi preto de Nazaret.
Os arqueólogos suxiren que as covas foran escavadas polos romanos e que posiblemente servisen como almacén e corte, xa que se atoparon nas paredes buratos cincelados nos que se podían ter atados os cabalos, e un bebedeiro de pedra empregado para alimentalos ou darlles de beber.
Actualmente as covas están situadas a tres metros de profundidade pero fai 2.000 anos atopábanse ao nivel do chan. Esto demóstranos a cantidade de terra e residuos que se acumulan ao longo dos anos.
Imaxe | Ancients Origins
Fonte | Ancients Origins