Post date: 01-oct-2017 20:03:21
Dende o pasado 18 de agosto e tan só ata o 3 de outubro serán visíbeis pola noite os baños de Caracalla. É unha iniciativa do Ministerio de Cultura italiano. O recorrido nocturno só está dispoñíbel os martes e os venres.
As termas de Caracalla foron un dos maiores centros de ocio da Antigüidade. O comenzo das obras foi no ano 206 d.C. e rematáronse en torno ao 212-217 d.C.
Abandonáronse no ano 537 da nosa era despois de que as invasións xermánicas acabaran cos acuedutos que suministraban auga. A pesar das penalidades das guerras e de sufrir un terremoto no ano 847, conserváronse nun estado espléndido.
Fonte e imaxe: www.romando.org y ABC agencias