Preto do Tíber e rodeado por rochas inaccesibles, foi elixido por Rómulo para crear o Asylum, un refuxio para a xente expulsada doutros pobos. Tiña dous cumios diferenciados, hoxe divididos pola Via dei Fori; foron separados por Traxano para conseguir espacio para o seu Foro ( a súa columna ten a mesma altura que o cumio suprimido). Dende os reis etruscos o templo de Xúpiter, Xuno e Minerva (a tríada capitolina) marcaba o centro relixioso da cidade.
No templo de Xuno Moneta ("a que avisa") tiña lugar a acuñación de moeda. Na imaxe o Capitolio na Antigüidade (esquerda) e hoxe (dereita).
Unha ampla escalinata ("a Cordonata") lévanos ata a Piazza del Campidoglio, antigo outeiro do Capitolio, obra de Miguel Anxo. Está flanqueada polo Palazzo Nuovo e o Palazzo dei Conservatori, que albergan os museos capitolinos; de frente temos o Palazzo Senatorio, sé do concello de roma. As estatuas que rematan a escaleira representan a Cástor e Pólux, os xemeos fillos de Xúpiter. No centro da praza está unha copia da escultura ecuestre do emperador Marco Aurelio ( a orixinal pódela ver no museo).
Situado á esquerda do Palazzo Senatorio foi proxectado por Miguel Anxo e construido por Giacomo Della Porta a mediados do s. XVI. Na Idade Media foi sé dos tribunais.
Alberga unha parte dos museos capitolinos, con pezas como a Loba Capitolina, o Spinario ou os restos da colosal estatua de Constantino.
Situado á dereita do Palazzo Senatorio foi proxectado por Miguel Anxo como parte das obras de renovación da Piazza do Campidoglio.
Dende 1734 convertiuse en museo. Hoxe forma, xunto co Palazzo dei Conservatori, o conxunto dos Museos Capitolinos, uns dos máis importantes do mundo.
Aquí podemos contemplar pezas como o Discóbolo, o Gálata Moribundo ou a Estatua Ecuestre de Marco Aurelio.
Este retrato procedente da época republicana tardía (300-250 a.C.) foi engadido a un busto de mármore da época imperial.
Aínda que non se pode afirmar con seguridade que represente o heroe da fundación da República Lucio Xuno Bruto, son innegables a forza expresiva, a mirada decidida, os rasgos faciais tensos, a expresión desa austeridade que representaba as mellores virtudes dun romano.
Lucio Aurelio Cómodo (161-192d.C.), emperador romano (180-192d.C.), fillo do emperador Marco Aurelio, O seu reinado estivo marcado polo derroche, a violencia e o libertinaxe. Participou en combates de gladiadores e mesmo esixiu ser adorado coma un deus.
Adoptou o título de Hércules Romano (na imaxe podemos velo coa pel de león e a maza, atributos do héroe). Sufriu moitos atentados, o último dos cales, promovido pola súa concubina Marcia, acabou coa súa vida. No seu reinado transcorre o argumento da película Gladiator.
Retrato de Cicerón, orador romano, metade do século I. a.C. Feito en mármore.
Marco Aurelio Antonino (121-180 d.C.), emperador romano (161-180 d.C.) e filósofo estoico, pai do emperador Cómodo.
Esta estatua de bronce data do s.II d.C. Estaba no pedestal do centro da Piazza do Campidoglio, pero agora foi restaurada e está no Palazzo Nuovo. Na praza temos unha copia.
Esta estatua da Loba Capitolina, que amamantou a Rómulo e Remo, foi realizada a principios do século V a.C.
As figuras dos xemeos engadiunas Antonio Pollaiolo no século XV. Podemos vela no Museo Capitolino situado no Palazzo dei Conservatorii.
Tan só quedan a cabeza, unha man e fragmentos soltos da colosal estatua do emperador Constantino (s. IV d.C.) que decoraba a nave central da súa basílica no Foro Romano. Hoxe podemos velos no Palazzo dei Conservatori, na piazza do Campidoglio.
Esta é unha copia romana dunha escultura grega de autor descoñecido ainda que se suxire a Epígonas, como autor. Nela está representado un guerreiro galo loitando contra a morte, esta escultura destaca polo seu realismo. Actualmente podemos apreciala no museo Capitolino.
No palazzo dei Conservatori podemos contemplar esta delicada escultura en bronce do século I d.C. que retrata a un neno sacando unha espiña do pé.