O Campamento militar, en latín é unha palabra pluralia tantum: castra, orum.
Dividido por dúas liñas principais, o cardo (norte-sur) e o decumanus (este-oeste), contaba con 4 portas.
O intervallum era un espazo de seguridade para evitar os impactos dos lanzamentos inimigos. O praetorium era a tenda ou casa do oficial ao mando.
Cruzábano dúas grandes vías que daban á súa vez a catro portas. As partes principais eran:
o praetorium, onde se asentaba o Estado maior,
o forum, onde se celebraban as asembleas militares,
o valetudinarium, ou hospital,
strigia, os barracóns da tropa.
As lexións dispoñíanse en filas paralelas de tendas en cuxos extremos se situaba a do centurión.
Había campamentos que se facían só para pasar unha ou varias noites, castra aestiva, e outros que eran construídos de xeito permanente, como o de Houseesteads, do que falamos a continuación.
O campamento era de planta rectangular e estaba protexido cunha fossa, con cuxa terra formábase o agger, onde se levantaba a empalizada, ou vallum.
Situado á beira do muro do emperador Adrián, que separaba a Britannia conquistadora dos bárbaros do norte, hoxe Escocia.
Fora das portas poden verse edificios do vicus civile, asentamentos que moitas veces daban orixe ás cidades, como no caso de Lucus Augusti.