Post date: May 30, 2018 4:45:39 PM
O arco de Xano Augusto, que foi construído na Via Augusta no século II a.C e que servía de entrada á provincia da Bética, foi achado en Menxíbar por arqueólogos do Instituto Universitario de Investigación en Arqueoloxía Ibérica.
Pierre Silliéres, principal experto sobre as vías de comunicación romanas en Hispania, explica que dito arco supoñía o kilómetro cero, o punto de inicio dende onde se comezaban a medir as distancias en milia pasuum.
O descubrimento confirma que esta estrutura está en Xaén. O Instituto Arqueolóxico Alemán xa fixera varias búsquedas moi preto de onde se atopou, mais sen resultado. O responsable do proxecto, Juan Pedro Bellón, comentou que o arco demostra a importancia que o Alto Guadalquivir tiña para Roma. Di que é un monumento moi sinxelo e que puido ter seis ou sete metros de alto sendo un dos cruces de camiños máis importantes.
A via Augusta converteuse na calzada máis destacada no século I d.C e era a máis longa da península. Leva o nome do seu impulsor, Octavio Augusto, o cal era consciente da importancia do desenvolvemento da rede viaria. Por todo isto, a via Augusta foi o lugar elixido para colocar o Ianus Augustus. O arco é o único caput viae, é dicir, final do camiño, citado nas inscricións. Está relacionado coa propaganda que Augusto levou a cabo.
Os investigadores atoparon primeiro os cimentos no Camiño dos Romanos e durante as escavacións tamén acharon restos arquitectónicos fragmentados que lles permitirán coñecer o estilo, a orde, as proporcións... Ademais, empregarase un xeorradar para saber se xunto ao arco hai un templo.
Fonte e imaxe | El País