Post date: Dec 6, 2014 5:29:58 PM
Un grupo de arqueólogos desenterrou esta semana varias tumbas romanas situadas en Saintes (ao suroeste de Francia) nas cales atopáronse os esqueletes de cinco escravos que aínda levaban as cadeas postas nos seus pescozos e xeonllos. Esta información foi publicada na versión dixital do xornal «Daily Mail», onde tamén se especifica que a excavación atópase a menos de 250 metros dun antigo anfiteatro da época no que combatían gladiadores contra animais salvaxes.
Ainda que foron achadas centos de tumbas, os expertos únicamente puideron atopar cinco esqueletos. Deles, catro eran adultos e o outro pertencia ao dun neno. Segundo consideran os arqueólogos, os enterramentos datarían dos séculos I e II D.C. e poderían formar parte dunha importante necrópole utilizada para dar sepultura a aqueles que eran masacrados preto do anfiteatro. Por iso, determinaron que poderían ser gladiadores. Tres dos esqueletes foron atopados con cadeas nos seus pescozos e as súas pernas. Outro foi sepultado cunha cadea na gorxa e, finalmente, o neno foi enterrado únicamente cunha argola nunha das súas bonecas. Con todo, os expertos seguen investigando a posible causa da morte a través dos restos achados na necrópole, a cal foi descuberta fai apenas un ano.
As tumbas non contiñan ningún artefacto que poida axudar nesta investigación histórica, salvo algúns xarróns. Mentres que o neno tiña na cabeza dúas moedas á altura dos ollos, unha práctica habitual entre os romanos, os cales consideraban que, desta forma, o seu espírito podía pagar ao barqueiro que separaba o mundo dos vivos dos mortos.
O período no que se utilizaron estas tumbas correspóndese co momento en que a Galia xa fora invadida polas lexións romanas e era un asentamiento próspero. De feito, Saintes estableceuse como unha capital rexional durante este período debido á súa privilexiada ubicación na calzada que había entre Lyon e Aquitania. A día de hoxe, a cidade é famosa polo seu coliseo, o cal podía albergar 18.000 persoas.
*Imaxe e indormación da Túnica de Neso