Post date: Sep 30, 2014 7:41:06 PM
Tres luxosas mansións de Pompeia abriron as súas portas aos visitantes tras ser sometidas a unha
minuciosa restauración.
Unha das casas abertas ao público é a mansión de Marco Lucrecio Frontón, (460 m2). Conta cunhas pinturas murais de gran calidade artística, con motivos mitolóxicos, como o triunfo de Baco ou os amores de Venus, paisaxísticos e retratos dos membros da familia.
A segunda domus é a de Rómulo e Remo, cuxo nome deriva dun fresco no que aparece unha loba aleitando aos xemelgos míticos. Nesta casa descubríronse numerosos obxectos de exquisita factura e cinco vítimas da erupción do Vesubio, unha das cales portaba unha bolsa con moedas na man dereita, e na esquerda, un anel de ouro e bronce.
A última é a de Triptólemo, unha suntuosa casa con dous atrios e dous peristilos. Recibe o seu nome do soado fresco onde se mostra a este personaxe mitológico.
Ademais destas aperturas tamén está previsto a apertura de mais mansións como a Casa dos Vetti e poderá verse restaurado o famosísimo mosaico que mostra a un can coa lenda Cave canem.
Imaxe e información de: National Geographic