As carreiras de carros romanas volven a Córdoba

Post date: Feb 27, 2018 7:07:18 PM

As carreiras de carros era o espectáculo de masas que máis diñero producía no mundo romano, e non as loitas de gladiadores que aparecen no cine. As persoas eran tan aficionadas a estas carreiras que facian apostas desorbitadas e animaban ao seu corredor e cabalo favorito. 

Córdoba conta con numerosos restos do imperio romano e eventos que recrean a vida dos romanos. Este ano contarase con recreacións de carreiras de carros iguais ás que se celebraban nos circos romanos. Este proxecto é posible grazas as organizacións Córdoba Ecuestre e Xulio César. As carreiras terán lugar no Castro do Río, onde se produciu a  batalla de Munda, e celebraranse cada 17 de Marzo.

Fonte e imaxe | ABC