A "Capela Sixtina" na ribeira do Tíber

Post date: Apr 11, 2016 4:52:04 PM

William-Kentridge-Tiber

Moitos o chaman a «Capela Sixtina» á beira do Tiber. Trátase dun xigantesco mural de 550 metros, cos heroes, emperadores e outros destacados personaxes da historia de Roma. É o maior proxecto de arte ao aire libre da cidade eterna que se realizou en décadas. A obra é do coñecido artista sudafricano William Kentridge, director teatral e de películas de animación. Será inaugurada o 21 de abril, data en que se conmemora o aniversario da fundación de Roma, que cumpre 2.770 anos.Son noventa as figuras enormes -case 10 metros de altura- que aparecen como nunha xigantesca procesión nas murallas do río Tíber, entre as pontes Sixto e Mazzini.O proxecto chámase "Triunfos e lamentos". Kentridge e o seu equipo removeron a suciedad e contaminación que se acumularon ao longo dos anos nas paredes de pedra xunto ao río Tíber. Sábese que esta obra está chamada a desaparecer, porque só durará uns sete anos.

Pero, mentres tanto, servirá para atraer turistas e apaixonados da arte urbana, explica con entusiasmo o ministro de Bens Culturais, Dario Franceschini. «A obra é extraordinaria. Contribúe en primeiro lugar a achegar Roma ao seu propio río. Ademais é unha gran obra de arte contemporánea no corazón da antigüidade. Confío en que servirá de reclamo turístico, tendo en conta tamén que é unha obra de arte efémera que o tempo cancelará».

Fonte| ABC