Post date: 08-mar-2018 19:24:44
Francisco Vázquez, presidente da Diputación de Segovia, Santiago Martínez Caballero, director do Museo Provincial, e Manuel Retuerce, profesor da UCM, presentaron os resultados da segunda fase de escavación do xacemento romano de Confloenta, en Sepúlveda.O presidente da Diputación informou de que se redactara un plan de actuación xeral que establece as instrucións para as futuras investigación na cidade romana de Confloenta. Este plan, que debe ser aprobado pola Xunta de Castilla e León para ser posto en marcha no 2018, centrarase nos accesos da cidade.Unha das particularidades do xacemento é que se trata da única cidade romana de importancia que foi posteriormente abandonada. Isto permite deixar á vista o rastro de toda a cidade.Na escavación, realizada o pasado verán, descubriuse una gran terma. Atopuse un gran corredor e ata seis estancias de grandes dimensións, dedicadas a baños. Nelas observábanse a conservación duna gran cloaca para a evacuación de aguas e restos dun mosaico policromo. Ademáis, as escavacions permitiron recoñecer varias técnicas constructivas romanas, así como os elementos técnicos propios das termas e as cámaras de circulación de aire.
Fonte e imaxe | acueducto2.com