Post date: Feb 16, 2015 6:11:53 PM
O 21 de abril, aniversario da fundación de Roma, serán erixidas de novo 5 columnas que formaban parte do Templo da Paz.O superintendente Presicce declarou o seguinte: “Son de mármol exipcio do cuadripórtico que rodeaba o Templo; volverán exactamente ao lugar onde estaban en tempos de Vespasiano”. "Dos cinco Foros Imperiais, o Foro da Paz é o menos coñecido, porque a maior parte dos restos atópanse baixo terra, pero de acordo coa Superintendencia estatal para os Bens Arqueolóxicos de Roma esperamos ampliar coas excavacións a superficie visible. O obxectivo é conseguir que o Foro rexurda o 21 de abril e se ilumine pola noite". E engade: "Cerca do Foro Romano, hai dúas seccións do cuadripórtico que rodeaba o Foro da Paz. O segmento situado no lado dereito dos Foros Imperiales en dirección ao Coliseo conserva unha serie de fragmentos de columnas de mármore exipcio que foron estudadas e recompostas. Agora poderase volver a erixir as cinco columnas. Na maioría delas engadiremos do chan un segmento da cuberta de mármore do pórtico.
Restos do Foro da Paz. Imaxe da Wikipedia.
O Foro da Paz rexurdirá ca reconstrución de cinco columnas agora desaparecidas. Os traballos deberán iniciarse na primeira quincena de marzo.
Fonte: Corriere della Sera
Imaxe vía Il Messaggero