As letrinas romanas non acabaron cos parásitos

Post date: 20-ene-2016 21:10:08

Un estudio realizado pola Universidade de Cambridge e publicado na revista Parasitology demostrou que, a pesar de todas as innovacións na hixiene e saúde en Roma, non se disminuiu a cantidade de parásitos e infeccións habituais en períodos anteriores coma a Idade de Ferro.

O investigador Piers Mitchell concluiu en que esta propagación de parásitos intestinais, infecciones, piollos e pulgas foi debido o uso de excremento humán como abono das plantas, e a consmición dunha salsa chamada garum, preparada con peixe, herbas e sal e deixada fermentar ao sol, o que desencadeou a transmisión de parásitos en todo o Imperio. Outra causa puido ser que, ó non cambiar frecuentemente a auga das termas, os restos de suciedade quedaban na auga. Letrinas romanas de Lepcis Magna, Libia.

Fonte e imaxe | El Mundo