Post date: May 4, 2018 5:32:38 PM
Os especialistas puideron regresar aos xacementos arqueolóxicos xa liberados e asegurados polo exército sirio, onde atoparon un enorme mosaico de época romana, unha peza única que podería ser o segundo máis grande achado neste país.
O achado produciuse no xacemento de Aquirabat, baixo os restos dunha igrexa cristiá. O mosaico encóntrase en bo estado de conservación e mostra escenas da natureza xunto a elementos xeométricos. Tamén foron atopados diversos nomes en grego realizados coas teselas, que posiblemente correspondan cos nomes dos mecenas que pagaron a obra ou dos propietarios da casa. Aínda non se sabe se se trata dun edificio público ou dunha domus ou villa privada.O descubrimento deste mosaico produciuse de forma fortuita cando os soldados do exército peinaban a rexión en busca dos últimos reductos do Daesh. Os militares deron o aviso e os responsables de cultura e museos de Damasco trasladáronse ata o xacemento.
Os arqueólogos sirios pasaron os últimos meses escavando o mosaico e facendo plans para trasladalo ao Museo Nacional de Hama, onde será restaurado e exposto para o público.
Fonte e imaxe | ABC