Post date: Oct 28, 2014 12:31:17 PM
Operación púnica, por que se chama así? O nome desta operación policial, na que este luns foron detidas 51 personas acusadas de formar parte dunha trama
de corrupción municipal e rexional, despertou moitas incógnitas. Por que ese nome?Non é cuestión do azar. A orixe deste nome, está no latín. Concretamente é o nome científico do granado, a árbore da granada ('Punica granatum').Deste modo, o Instituto Armado fixo un xogo de palabras co principal detido, o ex secretario Xeral do PP de Madrid, Francisco Granados, o que o sitúa no centro da trama.Este recurso xa foi empleado no seu día para bautizar a operación Gürtel (correa en alemán) na alusión ao empresario Francisco Correa, o principal detido da trama corrupta que afectou a numerosos municipios do PP.Tampouco a 'operación pokémon' ten ese nome porque sí. La Voz de Galicia informou no seu día de que o elevado número de implicados foi o que levou aos responsables da investigación a elixir Pokémon para bautizar a operación. Na 'operación púnica' tamén foron detidos o actual presidente da Diputación de León, o tamén 'popular' Marcos Martínez, e varios alcaldes da Comunidad de Madrid. Todos eles están acusados de formar parte dunha trama de corrupción municipal e rexional que cobraba comisións ilegais pola adxudicación de obras e servicios.Imaxe da Wikipedia.
Máis información no Huffington Post.