O exército romano foi a base da creación do seu imperio. Grazas á súa organización e á súa eficacia, Roma conquistou a maior parte de Europa actual, o norte de África e Oriente Medio.
As lexións romanas transmitiron o modo de vida romano aos pobos conquistados:
A súa lingua, o latín, nai das linguas románicas ou neolatinas.
As súas institucións administrativas, políticas e de goberno.
O seu Dereito, base das nosas leis actuais.
Os seus deuses, que pasaron a formar parte do culto dos pobos locais.
A súa cultura (literatura, ciencia e técnica, vivenda, etc).
A evolución do mesmo lévanos dun exército "cidadán", nos primeiros tempos da Monarquía, a un exército "profesional", tras as reformas de Mario.
Exército e política
Nos últimos anos da República romana as lexións estiveron moitas veces ao servizo dos intereses políticos dos seus xenerais, e víronse envoltas en moitas guerras civís onde loitaron romanos contra romanos.
Pois iso podemos dicir que valeron para combater o perigo "exterior", pero foron moitas veces un auténtico perigo "interior".
Viñetas de Ásterix Legionarius, onde, efectivamente, podemos contemplar o formidable espectáculo de combate que ofrece unha lexión romana loitando contra ... outra lexión romana...
"Nobis iam honori fuit legionem Romanam decurrentem producere, nunc autem gaudio affecti sumus, quod legionem Romanam contra legionem Romanam decurrentem producere possumus"
Goldsworthty, Adrian. "El ejército romano"
Nº de rexistro na MegaBiblioteca:
ÍNDICE
Introducción
El ejército republicano
El ejército profesional
La vida de un soldado romao
El ejército en guerra
El ejército de la Antigüedad tardía