Post date: 12-feb-2015 22:08:06
Un equipo de arqueólogos fixeron un sorprendente descobremento no Peloponeso (ao sur de Grecia): os restos dunha parella enterrada abrazada. Os esqueletes poderían ter máis de 6.000 anos de antigüidade, segundo indicou este xoves o Ministerio de Cultura nun comunicado.
Estes esqueletes descubertos nunha gruta en Diros, no extremo sur da península , vivirían en torno ao ano 3.800 a.C, segundo a datación por carbono 14, utilizada para determinar a idade dos materiais.
No seu comunicado, o Ministerio explica que as sepulturas dobres en forma de abrazo son moi raras e a de Diros é unha das máis antigas, tal vez a máis primitiva atopada ata agora.
Os tests de ADN proban que se trata dun home e unha muller novos, enterrados paralelamente, os seus corpos en forma de culler.
Os traballos de arqueoloxía levados a cabo neste mesmo lugar tamén permitiron descubrir a tumba dun neno e a dun feto, ademais dun osario de catro metros de longo que contiña os restos dunha decena de persoas e que foi descrito como único para a época.
O ministerio cree que esta gruta foi utilizada durante miles de anos para enterrar cadáveres.
Imaxe e información: EL MUNDO