Roma domina o Latium trala loita patricio-plebea e a invasión e saqueo dos galos. Entón, prodúcese un cambio social respecto ás clases privilexiadas, xa que, ademais dos patricios que forman a nobilitas (a nobreza da linaxe, dos descendentes das boas familias), agora tamén os plebeos enriquecidos son considerados equites (a nobreza do diñeiro, dos novos ricos).
A sociedade romana dividíase en dous grandes grupos:
cives (cidadáns),
non cives (non cidadáns).
Os non cives eran os escravos e os libertos. A diferenza entre os cives e os non cives era que os primeiros contaban cunha serie de dereitos, os ius civitatis.
Por outra parte, dentro dos cives pódese distinguir entre os ricos ou privilexiados e os pobres ou non privilexiados.
As persoas que contaban con máis diñeiro (privilexiados) á súa vez dividíanse en:
nobilitas, que eran eran os patricios,
e os plebeos ricos, que eran os equites (que recibían este nome por ter suficiente diñeiro para permitirse comprar un cabalo).
Estes últimos tiñan na época imperial o dereito a levar o angustus clavus, un símbolo na súa túnica para representar a súa posición.
Dentro da sociedade non privilexiada atopábanse os plebeos que vivían no campo (plebs rústica) e os que vivían nas cidades (plebs urbana).
Un civis romanus (un cidadán romano) posuía unha serie de dereitos e obrigas, que se detallan a continuación. É o que se coñece como dereito de cidadanía (ius civitatis).
Ius connubii: Dereito a contraer matrimonio válido según as leis romanas.
Ius commercii: Dereito á propiedade e ao comercio.
Ius (legis) actionis: Posibilidade de facer valer os seus dereitos fronte á lei.
Ius suffragii: Dereito de sufraxio activo (dereito a emitir o seu voto en cuestións relativas ao Estado)
Ius honorum: Dereito a ser elixido para ocupar cargos públicos.
Ius provocationis ad populum: Dereito de apelar, ante a asemblea do pobo, contra a sentencia de azoutes ou morte ditada por un maxistrado.
Ius sacrorum: Dereito a ter relixión ou ser elixible para funcións sacerdotais.
Census: Obrigación de inscribirse no censo periódicamente.
Militia: Obrigación de servir no exército durante o tempo previsto.
Tributum: Obrigación de pagar os impostos.
A diferenza entre os escravos e os libertos é que estes últimos eran escravos liberados. O acto de liberación dos libertos era chamado manumissio. As principais razóns para liberar aos escravos eran recompensalos por un bo servizo durante un longo período de tempo ou a compra da liberdade polo propio escravo.
Os recén convertidos en libertos non tiñan dereitos de cidadáns e conservaban o nomen da familia que os posuía, pero deixaban de ser considerados obxectos e obtiñan certa liberdade laboral.
Moitos deles convertíanse en comerciantes e homes de negocios. O historiador británico H.H. Scullard sostiña que no ano 209 a.C. manumitíranse cerca de 1.350 escravos cada ano.
Os escravos eran a base do sistema produtivo, servían como man de obra gratuíta e abundante, xa que as numerosas conquistas romanas convertían á maioría de habitantes dos pobos conquistados en escravos.
Os escravos eran vendidos en subasta pública e o seu comercio estaba regulado como se se tratara dun produto máis, debía especificarse sempre a procedencia, idade, habilidades e defectos de cada escravo. Permitíaselles vivir en parella (concubinato), pero os seus fillos tamén serían escravos.
Aínda que pareza contraditorio, algúns dos traballos dos escravos eran gratificantes e dignos; os peores traballos recibíanos os escravos cunha boa robustez e saúde física, que xeralmente eran mineiros, gladiadores...
A situación dos escravos agrícolas era algo mellor, traballaban os campos romanos (ager) ao servizo dos terratenientes propietarios de grandes villae e domus, os que máis destacaban nisto podían ser ascendidos a cargos importantes na xestión das terras.
A mellor situación tíñana os escravos domésticos das cidades, a maioría eran maiordomos, cociñeiros, costureiros... Pero os que tiñan algún tipo de formación ou demostraban a su aptitude podían chegar a traballos bastante ben remunerados, (principalmente contables, mestres e médicos) pero nunca obterían os dereitos propios dun cidadán romano.
No caso dos libertos, destacaron no Imperio os libertos do emperador Claudio, Palas e Narciso, que alcanzaron cotas de poder enormes, mesmo chegaron a converterse nos auténticos mandatarios do Estado.
As fugas non eran algo moi común pero si que ocorrían ocasionalmente. A maioría eran realizadas polos escravos que posuían os traballos máis duros. Se a fuga fallaba o castigo era moi duro, mesmo se castigaba coa execución nalgúns casos.
A fuga máis destacada foi a do gladiador Espartaco, que chegou a formar un exército de escravos que puxo en xaque ás lexións romanas, tras escapar da escola de gladiadores con moitos dos seus compañeiros, a maioría prisioneiros de guerra.
TENE ME NE
FVGIA · ET · REVO
CA ME AD DOMINVM
EVVIVENTIVM · IN
ARA CALLISTI
.......................................
Tene me ne fugia(m)
et revoca me
ad dom(i)nu(m) meu(m) Viventium in ar(e)a Callisti.
Cólleme para que non foxa
e devólveme
ao meu amo Viventio na praza de Calisto.
Ningún imperio se ha hecho sin esclavos. Egipto y Mesopotamia dominaron grandes territorios e impusieron su hegemonía gracias a un genio que, en vez de pasar a cuchillo al enemigo después de la victoria, pensó que era mucho más rentable respetarle la vida, hacerlo prisionero y condenarlo a trabajar como esclavo hasta la muerte.
El latido de la Historia comenzó a exigir esta carne humana cada vez en mayor cantidad para erigir templos a los dioses y morir en los campos de batalla. Fueron sus esclavos los que permitieron a los griegos y romanos tener tiempo libre crear la democracia y el derecho mientras ellos levantaban el Partenón y el Coliseo a golpe de látigo.
Los romanos creían que la familia estaba protegida por los dioses lares, pero en realidad los dioses lares eran los propios esclavos sin los cuales resultaba imposible mantener el fuego sagrado del hogar.
Aun hoy la falta de criados es la que ha destruido a la familia burguesa. El Papado tuvo esclavos mientras ejerció el poder temporal y el negrero fue la figura crucial del siglo de oro español e inglés, la correa de transmisión de la conquista de América.
Tampoco en nuestros días se puede desarrollar un imperio hegemónico sin la esclavitud. Hoy la carne humana más barata se halla en China y en la India. Son más de 1.500 millones de seres dispuestos a ser sacrificados al dios del mercado a cambio de una ración de subsistencia, la necesaria para seguir trabajando.
Norteamérica aún es asaltada por las oleadas de hambrientos hispanos que suben desde el fondo de los países del sur a ofrecerse como carne de cañón.
Alemania, el motor de la economía europea, solo tiene la cantidad ridícula de 80 millones de habitantes para hacer frente a esa infame necesidad de empujar la Historia hacia adelante.
Europa no puede hacer nada porque carece de esclavos y si los hay son todos renuentes a humillar la cerviz, acostumbrados al bienestar social y a toda clase de derechos humanos.
¿Dónde están los esclavos italianos, franceses, ingleses, escandinavos y españoles? En este momento los está fabricando la crisis económica. Si por casualidad oyes sonar de noche las trompetas del Apocalipsis, deberás saber cual es su pérfido augurio: solo si te conviertes en esclavo podrás sobrevivir.