Post date: Apr 11, 2016 4:27:52 PM
Ao longo de séculos, a familia Torlonia, unha nobre estirpe de orixe italiana con vínculos con case todas as dinastías rexias de Europa, atesourou unha gran colección de mármores e esculturas antigas de gran beleza. Trátase dunha mostra de máis de seiscentas pezas de arte grega e romana de diversas épocas, con todo tipo de temas e motivos. Pero o destino quixo que estas mármores se quedaran no anonimato, xa que se atopaban nunha casa que non recibía visitantes.Ante esta situación, o Ministerio de Bens Culturais de Italia, consciente da importancia patrimonial desta colección, chegou a un acordo coa Fundación Torlonia, que se encarga de xestionar o patrimonio cultural da familia.
A colección de esculturas será exposta de forma adecuada e baixo a supervisión de especialistas desde o ano 2017, despois de que as pezas sexan convenientemente limpadas e restauradas. A restauración, que xa comezou, foi financiada pola propia Fundación Torlonia cos medios económicos da familia, un xesto que Franceschini sinalou como mostra de boa vontade e o compromiso co patrimonio italiano.
Fonte | National Geographic