Post date: 11-dic-2017 15:52:08
O Museo Arqueolóxico Municipal de Xeréz alberga realidades do mundo antigo que nada teñen que ver coas películas de romanos. Na Asta Regia (hoxe Mesas de Asta) existían as empresas de pompas fúnebres (libitinari) que daban gran beneficio a quenes traballaban niso. Fóra da cidade era onde se atopaban as empresas dedicadas ás pompas fúnebres e os collegia funeraticia, e a sociedade romana de Asta Regia incluso aforraba algúns cartos para poderen recibir unha sepultura digna.
Os delincuentes eran enterrados en fosas común e os pobres podían ter unha morte digna se pagan unhas cuotas mensuais, e a collegia funeraticia, que lles garantía os ritos funerarios e un lugar no columbarium. Dentro da Asta Regia as personas dividíanse os traballos e recibían nomes diferentes dependendo do traballo que fixeran. Por exemplo, os pollinctores eran os encargados de preparar ó cadaver para a súa exposición, e os ustores que encargábanse das incineracións. Os funerais humildes (funus plebeium) como os dos nenos era celebrados polas noites, rápidos e sen relevo social. O ferétro consistía nunha caixa de madeira na cal as veces se metían ós pobres que eran recollidos das rúas e eran levados a unha fosa común, onde posteriormente serían incinerados. Cando os funerais tiñan lugar de noite era necesario iluminar o paso do cortello fúnebre. A palabra funeral procede das antorchas de xunco utilizadas coñecidas como funalia ou funales candelae.Moitos dos sarcófagos ou adornos funerarios achados polas cidades do Mediterráneo, procedían dos saqueos que sufrían as tumbas ou botíns de guerra. Estos saqueos formaban parte dun lucrativo negocio.Nesta imaxe podemos ver unha incineración dun cadáver na antiga Roma. Fonte: LaVozdelSur