Táboa que mostra en primeiro lugar a raíz ou lexema hipotético indoeuropeo, e logo os resultados, moi semellantes, nas antigas linguas.
O filólogo británico William Jones (1746-1794) foi a primeira persoa en difundir que existían certas similitudes entre catro dos idiomas antigos máis coñecidos: o sánscrito, o latín, o grego e o persa.
Para saber máis deste políglota inglés (dominaba unhas 30 linguas) le este artigo.
Posteriormente os filólogos danés e alemán Rasmus Rask (1787-1832) e Franz Bopp (1791-1867) serían considerados os fundadores da lingüística indoeuropea.
A maioría de linguas faladas en Europa e Asia proveñen do Indoeuropeo, as diferenzas entre elas son maiores que as semellanzas.
As únicas semellanzas que podemos encontrar entre as linguas indoeuropeas son as palabras dos campos semánticos seguintes:
sistema de numeración (ver táboa superior)
pronomes persoais
léxico da vida cotiá: parentesco, animais, domésticos, casa.
Estas linguas de orixe indoeuropea agrúpanse nas seguintes ramas:
EUROPA
ASIA
A cultura indoeuropea alcanzou certas vantaxes sobre outros pobos, como a ganadería equina, o carro ou a agricultura do trigo, e espandeuse (o auxe da expansión indoeuropea produciuse no ano 1000 a.c) ata abarcar o espazo contido entre o círculo polar ártico, o sur de Portugal e a India.
Estos pobos expresábanse nunha lingua con características similares ás que se falan hoxe na maior parte de Europa, Irán e India, incluíndo linguas mortas como o latín ou o hitita. Durante moito tempo realizáronse numerosas comparacións entre o léxico e a gramática das linguas antigas de Europa e Asia, e demostraron que posúen numerosos elementos en común, o cal demostraría que todas elas derivan dunha mesma lingua primitiva:
O INDOEUROPEO
Co paso do tempo, a unidade lingüística indoeuropea foise fragmentando por diversas razóns, entre elas:
O transcurso dos séculos e a separación xeográfica.
A ausencia de elementos de conservación, coma a escritura. Sen elementos tan importantes como o é éste, a lingua non se podía manter igual ao longo dos séculos, polo continuo cambio na fala.
Influenza das linguas dos pobos cos que entran en contacto, que provocou que os pobos indoeuropeos, afastados entre si despois das migracións, recibisen préstamos lingüísticos moi diferentes, segundo a zona elixida como destino migratorio.
Respecto a esta lingua, por desgraza, non conservamos ningunha testemuña escrita, pero realizouse unha gran labor lingüística a partir da cal se realizou unha reconstrución hipotética da lingua Indoeuropea.
Como non podemos estar seguros a o 100% ponse un asterisco nos lexemas para indicar que non se sabe se realmente eran así, pero crese que se aproximaban bastante. Algúns exemplos son:
*tu, *septm, *mater...
Aínda que non hai constancia escrita da lingua indoeuropea, o lingüísta Andrew M Byrd fixo recentemente unha reconstrución de como soaría ista lingua no audio que veremos a continuación:
Texto escrito en Indoeuropeo
Traducción ó galego:
Unha ovella que non tiña lá veu cabalos, un deles arrastraba unha pesada carreta, outro cargaba unha gran carga e outro cabalgaba rápidamente cun xinete. A ovella díxolle ós cabalos: <<Dóeme o corazón vendo a un home manexando cabalos>>. Os cabalos dixéronlle: <<Escoita, ovella: os nosos corazóns dóennos cando vemos isto: un home, o amo. convirte a lá dunha ovella en roupa abrigada para sí mesmo. E a ovella non ten lá.>> Ao oír iso, a ovella fuxiu á pradeira.
Para máis información fai click aquí
O latín aparece hacia o 1.000 a.c no centro de Italia, ó sur do río Tíber, nunha rexión chamada Latium (Lacio), de donde proveñen o nome da lingua e o dos seus primeiros habitantes, os latinos; sen embargo, os primeiros testemuños escritos datan do século VI a. C., como a inscripción de Duenos e outras similares.
Nos primeiros séculos de Roma, desde a fundación ao século IV a. C., o latín tiña unha extensión territorial limitada: Roma e algunhas partes de Italia, e unha poboación escasa. Era unha lingua de campesiños.