Augusto e Calígula recuperan as súas cabezas

Post date: Jan 9, 2017 3:39:12 PM

estatua_torreparedones

As estatuas sedentes atopadas na curia do parque arqueolóxico de Torreparedones de Baena en decembro de 2011, contan xa coas súas respectivas cabezas. Representan aos emperadores Augusto e Calígula-Claudio divinizados.Estas esculturas foron exhibidas no patio do Museo arqueolóxico municipal, a pesar de que carecían das súas cabezas. Os dous bustos masculinos consérvanse e están noutra sala do recinto, aínda que as cabezas orixinais expostas non están completas e fáltalles parte do pescozo.

As dúas esculturas masculinas gañaron moito dende o punto de vista museográfico, grazas ás copias a escala natural, feitas con poliestileno. As novas cabezas recuperan a parte perdida do pescozo. Carlos Márquez, catedrático da Universidade de Córdoba, destacou a importancia delas e da súa aparición na curia do parque arqueolóxico de Torreparedones de Baena.

Fonte e Imaxe I La voz digital