Post date: Nov 13, 2017 5:10:15 PM
A pequena localidade inglesa de Bridport pasa desapercibida para a prensa nacional e internacional. Sen embargo, un achado arqueolóxico fixo que os amantes da Cultura Clásica do mundo se interesasen por ela.Un grupo de aficionados á arqueoloxía dirixidos por Mike Smale, un pescador local e aficionado á historia, saíu con detectores de metal para buscar tesouros e obxectos metálicos enterrados nos campos. Despois dunhas horas camiñando, os seus buscadores de metal comezaron a pitar de forma alarmante, así que comezaron a escavar e descubriron que estaban ante un enorme tesouro formado por moedas de diversos metais, a maioría en moi bo estado de conservación.Tras isto, chamaron ás autoridades competentes para que se fixeran cargo do achado. Ao constatar o interese das moedas atopadas, un grupo de arqueólogos, xa de forma científica e adecuada, procederon a facer unha pequena cata do xacemento e a extraer as moedas que xa foran movidas do seu lugar. Os especialistas determinaron que se trataba dun tesouro de moedas romanas da época republicana e imperial, oculto posiblemente nalgún momento de crise e incertidumbre. Algunhas datan do Segundo Triunvirato, mentres que outras son máis tardías e presentan a efixie de diversos emperadores.O tesouro está sendo limpado e clasificado antes de ser enviado a un museo para a súa exposición ao público.
Fonte e imaxe: Portal Clásico