Post date: Apr 28, 2018 1:39:22 PM
Os arqueólogos descubriron un busto do emperador romano Marco Aurelio en Asuán, Exipto.
O ministerio de Antigüidades de Exipto indicou que atoparon o busto no templo de Kom Ombo cando estaban facendo labores para protexer o sitio das augas subterráneas e espera que estes descubrementos fagan que os turistas teñan interese por ir a Exipto, xa que dende 2011 non hai moitos.
Fonte e imaxe | 20 minutos