Post date: Feb 9, 2015 6:23:13 PM
A zona arqueolóxica de Pompeia, sufriu o día 4 de febreiro un novo derrubamento por mor das choivas. Este derrubamento afectou a unha parte do muro de contención, do xardín da casa de Severus (dentro da zona arqueolóxica da cidade sepultada) . A área afectada forma parte do programa de restauración e protección, para o que a Comisión Europea destinou 105 millóns de euros, estos recursos teñen que ser utilizados antes de que finalice o 2015. Pompeia é a cidade da época romana mellor conservada, que foi sepultado polas cinzas do volcán Vesubio ( ó lado de Herculano, Stabiae e Oplonti) , tamén é unha das cidades máis importantes do mundo e recibe máis de 2 millóns de visitas anualmente.