Post date: Jan 21, 2017 4:01:15 PM
Aparecen os primeiros vestixios romanos nas escavacións que se levan a cabo no patio do Seminario Maior de León. Podían ter sido as vivendas dos tribunos. Os lexionarios romanos chegaron primeiro, aínda que fai séculos que os curas ocupan un solar xigantesco con vistas á catedral. O patio do seminario maior de León é un túnel do tempo. Os primeiros vestixios atópanse a tres metros de profundidade tras levar arredor de 2.000 anos agochados baixo capas de terra e xunto restos de primitivas construcións medievais.
As escavacións comezaron no mes de xullo e seguiro as ordes ditadas pola Comisión Territorial de Patrimonio que ordeou unhas segundas prospecións trala aparición dos destacados vestixios medievais, os máis antigos do século XI.
Os expertos estiman que nesta zona do campamento estaría a scannum tribonorum, é dicir, a vivenda dos tribunos. Os arqueólogos rexeitan a posibilidade de que estes restos romanos garden conexión coas termas que se atopan baixo os cimentos da Catedral. Tamén gardan moito interese os restos medievais máis antigos que se atoparon no patio do Seminario, lugar que resultou ser unha mina, con estratos arqueolóxicos dende a época da fundación do campamento ata o século XX, o que permite recompoñer, capa a capa, a historia da cidade.
Por último, tamén se atoparon numerosos fragmentos cerámicos, a maioría do século XV para adiante.
Enorme foxo de tres metros no que se atoparon os primeiros restos romanos.
Fonte e imaxe | Diario de León