Apretón histórico en Pompeia

Post date: 24-may-2018 15:34:16

Pompeia ten que lidar constantemente co vandalismo que hai no seu complexo arquitectónico. O último que ocorreu nestos restos históricos foi que un home duns 80 anos, procedente de España, sofría incontinencia e non puido esperar a defecar. Á súa enfermidade sumaselle a calor da rexión de Nápoles e o almorzo que tomara antes. Este suceso ocorreu na Casa de Meandro, unha das residencias mellor conservadas da cidade.

A muller do home foi a súa cómplice, pois mentres el defecaba, ela vixiaba na porta para que ninguén entrase. Esta actitude alarmou ao vixiante, viu de que se trataba e chamou aos carabinieri. Estes non crían o acontecido ata que chegaron alí, e o suceso confirmouse co cheiro máis a proba do delito.Este acontecemento coincidiu coa visita de dous altos cargos do goberno, o ministro de cultura italiano Dario Franceschini, e o de cohesión territorial, Claudio De Vincenti, que inauguraban unha nova ruta nocturna.

O home foi denunciado por atentar contra un monumento nacional. E isto non queda aquí, pois a cidade recibe moitos ataques de vandalismo, tanto grafittis nos seus muros, como roubos de frescos ou restos de pedras da cidade. O ministro Franceschini ten previsto facer máis duras as leis para acabar con estes sucesos, e unha das súas propostas é incluir penas de cárcere de entre un e cinco anos para quen cometa estes actos.

Fonte: elmundo

Imaxe: elmundo