Localizan o que posiblemente foi o primeiro porto industrial romano de Cataluña

Post date: Jun 4, 2017 10:09:45 PM

A partir dunha investigación do Institut Català d'Arqueologia Clàssica, detectouse o que sería o primeiro peirao propiamente industrial de época romana na actual Cataluña; o porto da canteira de El Mèdol.

As evidencias e indicios que reforzan esta idea son o achado de recortes artificiais na rocha, a presenza dun xacemento romano a tan só 150 metros do peirao e a proximidade coa canteira tamén romana de El Mèdol.

O peirao forma parte dun porto duns 50 metros de lonxitude e 5 metros de ancho. Debido ao ascenso do nivel do mar, boa parte del atópase baixo a auga.

A investigación consistiu principalmente en recoñecer o sector da costa e prestar atención aos recortes artificiais da rocha e a posibles recortes antigos para encaixar elementos de madeira. Tamén se estudaron as correntes mariñas e os ventos para determinar se desde o punto de vista da navegación, a infraestrutura se atoparía nun lugar apropiado.

Fonte | El periódico

Imaxe | ICAC