Post date: 18-feb-2018 11:04:11
O prestixioso director estadounidense Martin Scorsese e Michael Hirst, creadores do exitoso drama televisivo Vikings, de History Channel, están preparando unha nova produción de carácter épico, The Caesars, serie que se centrará no poder e a estrutura política da antiga Roma.A ficción, que empeza cando un xove Xulio César chega ó poder, producirase en Italia, e prevese que se estrene no 2019 en History Channel e se prolongue a trama durante varias temporadas.
Scorsese desexaba crear un drama televisivo sobre a antiga civilización romana dende fai anos, xa que é un apaixonado dos romanos. Segundo o creador de Vikings, The Caesars centrarase fundamentalmente nas vivencias de Xulio César durante a súa xuventude, detallando aspectos que non foron tratados correctamente no mundo do cine e a televisión.
Fonte e imaxe | elPeriódico