Cartago posuía:
zonas de norte de África e
unha gran parte de Hispania (case todo o este e o sur, e boa parte do centro, en vermello no mapa inferior).
Os romanos posuían:
Italia,
Córcega,
Sardeña e
case toda Sicilia (azul claro)
Filipo V, posuía Macedonia e o reino Seléucida era de Antíoco III o grande. Nesta época existían a liga Etolia e a Aquea, que eran agrupacións de cidades gregas.
A Liga Etolia foi unha federación de cidades da rexión de Etolia na Antiga Grecia, formada a principios do século -IV. A Liga adquiriu importancia no século -III, cando se opuxo á Liga aquea, e pronto dominou todo o centro de Grecia dende o mar Xónico ata o mar Exeo e controlou zonas do Peloponeso, Tesalia, Tracia e Asia Menor.
A Liga Aquea foi una confederación de cidades estado de Acaia, unha rexión costeira ao norte do Peloponeso, na Antiga Grecia.
No seu apoxeo controlou todo o Peloponeso excepto o sur de Laconia.
O ascenso do imperialismo romano na rexión finalmente levou a súa disolución no ano 146 a. C.
Durante as guerras macedónicas, Filipo V perde a batalla de Cinoscéfalos frente ao cónsul Flaminio.
Antíoco III o grande é derrotado na batalla de Magnesia fronte as lexións romanas.
No ano 218 a.C despois da primeira guerra púnica conquistan Italia a través de facerse cos pobos de Italia central
Magna Grecia,
illa de Sicilia,
Chaira do Po,
illa de Córcega e
illa de Cerdeña.
Máis tarde no ano 100 a.C despois da segunda e terceira guerra púnica e macedónica conquistan o Mediterráneo obtendo:
a Hispania cartaxinesa,
a Gallia Transalpina,
Cartago,
Macedonia,
Asia e
Cilicia.
A conquista de Italia en Diigo
A conquista do mediterráneo en Diigo
As guerras púnicas en Diigo
Aníbal en Diigo
Lista de reprodución en YouTube sobre a Expansión territorial.