Post date: Apr 13, 2018 2:00:13 PM
270 anos despois do primeiro achado da enterrada cidade de Pompeia estanse a realizar unhas novas escavacións na Rexión V, as máis importantes dentro dunha zona non investigada dende a posguerra. O primeiro que os arqueólogos deberán facer é retirar a terra entre a Casa das Bodas de Plata e a Casa de Marco Lucrecio Frontón.Ademais de numerosas pezas encontradas na terra coma decoracións en terracota ou fragmentos de frescos, descartadas fai dous séculos porque ou non eran interesantes ou estaban fragmentadas, tamén encontraron un antigo xardín e unha entrada dunha domus con frescos, xunto a outras estruturas arqueolóxicas.
Fonte | National Geographic
Imaxe | National Geographic