Post date: 01-mar-2015 17:48:20
Augusto, durante a segunda viaxe en Hispania para combater aos cántabros e astures (27 e 24 a.C.), case morre a causa do impacto dun raio. No ano 26 retirouse enfermo a Tarraco.
Mentres Augusto mobilizaba ás súas tropas (como de costume facíao pola noite)
por terras cántabras produciuse unha gran tormenta. A consecuencia desta un raio, lanzado polo poderoso Xúpiter Tonante, impactou na litera de Augusto e matou a un escravo que alumaba o camiño. Malia utilizar pel de foca como medida protectora, o raio deixou gravemente afectado a Octavio. Entre as secuelas, podíase observar que Augusto padecía unha especie de tembleque.
Suetonio fálanos de como Augusto consagrou un templo a Xúpiter Tonante no Capitolio por haberlle salvado a vida.
Consagrou un templo a Xúpiter, porque lle librou do perigo, cando nunha expedición contra os cántabros, durante a noite, un rayó rozou ligeramente o seu litera e matou a un escravo que ía diante para alumarlle?.
(Suentonio, Vida de Augusto, 29, 3)
Información: QueAprendemosHoxe
Foto de Augusto