Unha necrópole romana baixo unha casa en Gaza

Post date: 06-feb-2018 22:02:02

El propietario del domicilio bajo el que se ha encontrado la necrópolis romana

Fai unha semana unha tempestade descargou sobre Gaza. Un xoven palestino, Abdelkrim al-Kafarna, observou como a auga se filtraba polo solo da súa terraza. Ó cesar a tormenta, escarvou no barro e encontrouse cun complexo funerario formado por varias tumbas nas que se podían observar a simple vista restos do enxoval e incluso parte dos ósos dos difuntos alí enterrados. O xoven informou as autoridades que deixaron o caso a arqueólogos profesionais. Documentaron a presenza de pezas de cerámica, moedas, lucernas, e catalogaron os restos humanos en estado moi fragmentario. Concluíron que se trataba dun panteón familiar que se puido levantar en época Xulio-Claudia, cando a zona de Gaza pertencía ao Imperio romano. 

A pesar de que o panteón se levantou en época de Augusto o Tiberio, os arqueólogos creen que puido estar en uso durante varios séculos, polo menos ata época bizantina, momento no cal foi abandonado posiblemente cuberto con vivendas.

Fonte e imaxe | portalclasico.com