Post date: Jan 24, 2018 6:34:22 PM
Na área arqueolóxica da Universidade de Salamanca descubriron un complexo termal da época romana no termo municipal de Fresno Alhándiga. Trátase de un xacemento do período romano baixo-imperial e visigodo, descuberto nunha zona rica en restos arquelóxicos, catalogada así porque xa se atoparon outros restos arqueolóxicos da época, consecuencia de que se atope preto a Vía da Prata.
O que fai a este achado un descubrimento novo é o feito de que, a pesar de séculos de agricultura (o que adiantou a actuación das institucións para evitar máis danos) ao realizar os traballos de escavación, descubriron restos do que parece unha zona termal integrada a unha villa de maior tamaño.
Deste modo os arqueólogos atoparon un hipocausto pertencente ao antigo sistema de calefacción das antigas termas romanas, un pavimento de mosaicos con varios restos, dos que se poden observar diversas formas e figuras, e dous pavimentos de opus tesselatum (cal, area e fragmentos de roca).
Cos traballos puido delimitarse o chamado frigidarium, unha sala pavimentada onde se atopa un pequeno pozo circular e que nas antigas termas romanas era onde se tomaban os baños fríos. Outra das zonas pavimentadas cun mosaico sería o tepidarium, que era onde se acudía para tomar uns baños tibios antes de tomar o baño quente (caldaria) ou frío (frigidarium). Por último, un mosaico que conta con representacións de peixes e delfins, e que se estima que mide 17 metros cadrados, aínda que non se conserva enteiro polo desnivel do terreo e polas tarefas agrícolas desenvolvidas na superficie, pero aínda así pódense distinguir algúns dibuxos xeométricos.
Fonte: Eñe