Post date: May 2, 2016 10:21:51 AM
Pe
san entre oito e dez gramos. Cóntanse por decenas de miles e repartíanse en 19 ánforas. Son de bronce e están cubertas de terra, po e historia. Unhas obras de canalización no municipio sevillano de Tomares sacaron á luz 600 kilogramos de moedas romanas dos séculos III y IV despois de Cristo.A responsable da investigación asegura que non lles deu tempo aínda para analizar e clasificar todas as moedas, pero que cando estean todas seguramente aumente a franxa cronolóxica.
Das 19 ánforas atopadas, unha decena rompéronse polas obras e as outras nove permanecen seladas.
Aínda que a maioría das moedas son de bronce, tamén se atoparon algunas bañadas en prata.
Intentaráse aclarar se as ánforas estaban ocultas (aínda que se atoparon a un metro de profundidade) ou este espacio era unha especie de depósito.
Fonte | El País