Dous investigadores achan un campamento romano no entorno de Mérida.

Post date: Feb 28, 2018 6:37:20 PM

Un dos investigadores desvela que o sistema que lles permitiu atopar este achado, de dimensións similares ao campamento militar de Cáceres El Viejo, foi o LiDAR (Light Detection and Ranging o Laser Imaging Detection and Ranging). Este dispositivo permite determinar a distancia dende un emisor láser a un obxecto ou superficie. Non poden dar un lugar exacto do achado porque se atopa nunha finca privada e queren protexer o xacemento. Estiman que o campamento acade as 17 hectáreas, e está delimitado cun foso. Grazas ao LiDar, pódese determinar que é vexetación, e que é achado arqueolóxico, co cal se estima a grandes rasgos o lugar exacto. 

Afirman que este achado é moi importante para a arqueoloxía porque nos fala do proceso de apropiación na época republicana que fai Roma nesta zona do Guadiana, aínda que non saben o ancadre histórico concreto. Un achado como este abre un gran debate científico que nos achega moitas preguntas sobre este lugar, os seus costumes e os seus primeiros momentos de vida.

O seguinte paso neste achado será conseguir que algunha institución, como pode ser o Instituto de Arqueoloxía, lles respalde para comezar unha escavación a corto, medio ou longo prazo. Todo este proceso será o máis longo ao tratarse dun proxecto nunha propiedade privada.

Os argumentos que dan para certificar que se trate dun campamento son dous. O primeiro é que está preto de correntes de auga como a maioría dos da época e o segundo é que os fosos non son recentes, que está desdibuxados e cubertos, como puideron apreciar nas imaxes aéreas.

Fonte: Hoy.es